CATIVA SENTENCIA PARA UN TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA

Massó con Camións da Empresa Excongal, especializada en delitos ambientaisDesde “A Ría Non Se Vende” pensamos que a sentencia que desestima o recurso contencioso administrativo, presentado pola confraria de mariñeiros de Cangas, contra a construción do Porto deportivo de Massó, presenta graves erros, contradicións, incongruencias, e omisións interesadas.

  • Non se entende como poden ter validez xurídica no mesmo expediente, dous informes, os dous vinculantes, con contidos absolutamente contradictorios e discordantes emitidos pola mesma Consellaría de Pesca, nin porqué se otorga prioridade ao segundo cando o primeiro, parte dun texto elaborado, pormenorizado e conciso acerca das gravísimas deficiencias que presentaba o proxecto e que non foi tido en conta na súa fase de tramitación, cando debera obrigar a corrixir as premisas básicas do proxecto nesa fase. O segundo informe non aparece asinado por ningún cargo da consellería, aparecendo só a sinatura dun técnico “en acuicultura”, que di “adaptar” o informe anterior.

  • Recolle que: “as obras que se realicen ao amparo dunha concesión portuaria precisan, en todo caso, da obtención dunha licencia urbanística, conforme ao previsto no artigo 19. 3 da LPMM. Polo que non se podem levar adiante sen a tramitación desta, senon pode suceder como co Porto deportivo da Lagoa que ten orde de derrubo por carecer de licencia.

    Seguir lendo