
Arquivo do blog
Por un monte galego con futuro.
Imaxe

Domingo 4 de outubro: VI Andaina pola protección da serra do Galiñeiro
Imaxe
9 de maio: III Primaveira de Cabral
Imaxe
Domingo 21 de Abril: IV ANDAINA POLA DEFENSA DA SERRA DO GALIÑEIRO
Imaxe
Domingo 21 de Abril: A vosa presenza sumará forzas neste momento no que é preciso facer fronte a febre mineira que nos ameaza
IV ANDAINA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO.
SAIDA:
Parque forestal de Zamáns ás 10:30 h.
CHEGADA: |
||
MINAS! PARA QUÉ(N)?
Como se despois da explotación do estaño polos fenicios, do ouro polos romanos e do wolframio polos alemáns se cinguira sobre nós a cuarta ondada mineira… Neste caso “sen complexos”, a ceo aberto!
Unha multinacional canadiana pretende extraer ouro en Corcoesto coa técnica do cianuro ameazando o val do río Anllóns e a ría de Laxe e Corme nos concellos Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Coristanco na Costa da Morte, outra norueguesa tenta tirarlle a terra ás facendas gandeiras das parroquias dos concellos de Castro de Rei, A Pastoriza e Cospeito na Terra Chá para quedarse co seixo, outra multinacional procura feldespato nas terras agrícolas da Limia, outra busca andalucita nas portas do parque natural das Fragas do Eume. En Castrelo de Miño investigan a posibilidade de facerse co wolfram e estaño ademáis do litio, tantalio e posiblemente Terras Raras, en Viana do Bolo o que os atrae é o coltán. Todo isto sen diminuir a presión das louseiras e graniteiras por todo o país. No Galiñeiro, Umbono Capital fará investigacións sobre Terras Raras nunha extensión de 10 ha, e a Xunta de Galicia ofertou outras 32 ha para a extración dos mesmos elementos, os minerais que máis reciben o nome de estratéxicos, e por iso máis especulativos. Que beneficio imos tirar nós de toda esta desfeita? Recursos minerais estratéxicos para que?! Estratéxicos para quen?!
|